martes, 3 de marzo de 2026

GALICIA: DE VACAS / Beo Beo o Xacobeo

De Vacas é un cuarteto musical formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia). O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido. Traxectoria De Vacas na Festas do Santiaguiño (2017) De vacas naceu cando Faia, Inés e Paula, que cantaban xuntas no coro da Rá de Santiago, descubriron nunha conversa que todas eran fans das Spice Girls. Decidiron naquel momento crear un grupo co que reivindicar a súa música. Para iso incorporaron á formación o experimentado músico Guillerme Fernández, guitarrista de grupos ben coñecidos como Berrogüetto ou aCadaCanto. O seu primeiro videoclip foi lanzado en 2015, unha versión do "Gangnam Style" do rapeiro coreano PSY. O seu primeiro concerto foi o verán do ano seguinte, no festival Feito a Man de Santiago, onde percibiron unha boa acollida por parte do público. En 2017 publicaron un novo clip: Amodiño, unha versión do "Despacito" do cantante Luis Fonsi. Axiña se fixo viral nas redes sociais, o que as popularizou definitivamente. Desde aquela teñen sacado versións doutros artistas como Enrique Iglesias, Michel Teló, Rosalía, Sabrina ou Pitbull. fonte: wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario