sábado, 20 de agosto de 2022

GALICIA: Alegría Dio'la dea! - Caamaño & Ameixeiras + Fetén Fetén


Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.

 

Aire! é o seu primeiro traballo discográfico, producido polo reconocido músico burgalés Diego Galaz, onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod ou El Pana.

Este traballo foi recoñecido recentemente co Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, así como co 1º Premio no Folkez Blai 2021, celebrado en Ermua (País Vasco).

No hay comentarios:

Publicar un comentario