jueves, 7 de noviembre de 2024
GALICIA: Jota de Moscoso. Carmela
Carme López Fernández, nada no Incio en 1992, é unha intérprete, docente e musicóloga galega.
Comezou tocando a gaita nunha asociación cultural en Sarria, Grao en Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), Título Superior de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster universitario en interpretación e investigación musical (VIU). Doutorouse na Universidade da Coruña coa tese Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego estudo dun caso representativo (2022), dirixida por Dr/a. Rocío Chao-Fernández.
Ten traballado como mestra en diferentes escolas e asociacións da provincia de Lugo, na Educación Primaria, é docente na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Educación, Departamento de Didácticas Aplicadas, Área de Expresión Musical). Tamén é docente de Canto Popular, Aula Aberta de Pandereteiras, Aula Aberta de Cantares de Troula na Escola Municipal de Vigo de Música, Folk e Tradicional.
No campo da interpretación, formou parte da OFG SondeSeu, Os Minhotos, Raiceira e Carmela.
No labor de investigación, a súa liña principal diríxese ás músicas de tradición oral e a súa relación coa etnomusicoloxía e a educación, principalmente, vinculándose tanto con ámbitos académicos como divulgativos.Ten publicado artigos en Sinfonías del Cambio: Música y Arte en la Transformación Social, International Humanities Review / Revista Internacional de Humanidades, Congreso EDUCA 2022, CUICIID 2022: congreso Internacional sobre Comunicación, Innovación, Investigación y Docencia.
fuente: wikipedia