Jose Carballido é o vocalista, guitarrista, compositor e líder do grupo de rock, metal e folk galego bautizado como A sombra dos soños. Foi nomeado a mellor disco debut nos Italian Prog Awards en 2021 polo disco Requiem e en
moderna destaca o primeiro premio acadado no concurso Aguillolo Rock (2002) e o segundo posto no Festival da Canción de Ordes (2003), en ambos casos como cantante, compositor e guitarrista do grupo Mízar.A banda está formada por outros catro membros: Diego Lestón na batería, Daniel Añón na guitarra eléctrica, Lalo Carnota no baixo eléctrico, e José Roca no teclado. Hoxe acaban de lanzar o seu último single, A cantareira, que está dispoñible en todas as
.Para poder comezar parece preciso dar un pouco de contexto sobre A sombra dos soños. Como resumiría a historia da banda? empezou hai aproximadamente dous anos e foi unha necesidade que eu tiven de comezar a facer música en galego. Nese momento nos proxectos serios, digamos, empregaba sempre o castelán. Nas miñas clases de música, porque eu son mestre de música, dende que empecei, todas as cancións que utilizo cos meus rapaces sempre foron en galego, polo que me fun dando conta de que é unha lingua cunha sonoridade moi especial. Así que pensei en facer proxectos para adultos de música en galego. Gravamos o primeiro disco no 2022, I, cun rock máis ou menos forte nesa lingua e gustoume moito o resultado.
Non só está o feito de escribir en galego, senón que tamén empregades sons da música tradicional galega.
No noso primeiro disco hai temas de moitos estilos, entre eles hai un que se pode considerar folk-rock. Este ano sacamos un arranxo dunha muiñeira para a nosa formación por buscar novas sonoridades, xa que hai moito folk-rock que está funcionando pero eu pretendía facelo con instrumentos de música moderna por ver ese contraste. No momento no que me puxen a traballar na muiñeira entendín que ía funcionar ben porque a música tradicional, igual que todas as que entran fácil no oído, son músicas con enerxía e que invitan ao movemento. Isto pasa tanto no tradicional como no metal, que cando o escoitas hai algo que invita a moverse por dentro.
fonte: El Correo Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario